LOCALIZACIÓN

O castro de Remonde, sito na parroquia de San Miguel de Remonde (Palas de Rei), nun  pequeno esporón que avanza sobre a ribeira esquerda do río Pambre.

O mellor aceso efectúase por medio do desvío do Cotón (estrada xeral N-547 Santiago-Lugo) no que se toma unha pista para o lugar de Remonde. Depois de pasar a igrexa parroquial, na segunda curva á direita cóllese unha pista forestal que conduce directamente ao castro.

 

Como Google Maps non mostra todo traxecto até o castro (tan só a San Miguel de Remonde) incluímos dous planos detallados coas indicacións para chegar sen perda.

 

Castro de Remonde_Localización xeral

Apartar desde a estrada N-547 no Coto, fixarse ben nos desvíos.

caminho a Remonde desde O Coto

Percorrido desde San Miguel de Remonde, atención ao desvío na curva, onde se poden deixar os carros estacionados.