DESCRICIÓN DE ESTRUTURAS E RESTOS MATERIAIS

Curvado_partes do castro

Durante os traballos de clareamento vexetal de 2015 non se observou nengún resto de material en superficie. En canto as estruturas cumpren dúas observacións:

1.- A limpeza vexetal permitiu delimitar superficialmente os elementos básicos que configuran este recinto fortificado:

    • Unha gran muralla de entre 4 e 5 m. de altura que delimita un espazo principal coñecido popularmente como cubela. Ten unha lonxitude de entre 280 a 300 m.
    • A cubela unha configuración paraledepípeda, non elipsoidal. O eixo maior está orientado para o Nor-Noroeste tendo 80 m., mentres que o eixo menor está orientado para o Nor-Noreste ten 50 m. cubela ten unha superficie interna de 3600 m².
    • Chama a atención a división da cubela en dúas zonas claramente diferenciábeis pola súa orografía sancionada pola súa segregación por medio dun valado tradicional de linde.

zonas altimétricas na cubela

    • A primeira zona está emprazada na zona a carón da entrada (1965 m²); resulta orixinal pola súa irregularidade. Inicialmente consideramos a posibilidade que os fondais do terreno foran producidos por actividades modernas de extracción de materia prima (humus, terra ou pedra). Neste momento consideramos que as irregularidades son antigas segundo mostran as fotografías aéreas de 1945 e 1956, xunto coa presenza do valado tradicional que divide a cubela e segrega as dúas pezas. Creemos que puidera estar relacionado cun sistema de defesa anexo á entrada, situado no interior da cubela e por tanto condicionado espazo útil.
    • Na parte alta da cubela, na sector central e sul, emprázase a outra zona caracterizada por ser chan. Ten unha superficie aproximada de 1650 m². Está articulada en pequenas plataformas que transforman a pendente natural en planos horizontais. Esta zona está orientada para o río o castelo de Pambre.
IMG_2370

Zona alta orientada para Pambre, o castelo no fundo.

    • Existe unha única apertura de aceso á cubela que identificamos como entrada. Para executar a entrada os construtores cortaron perpendicularmente a peneda que ficou facendo parte do cabo dun segmento da muralla que configura esta estrada.
Apertura da entrada á cubela

A.- Entrada desde o interior. B.- Transito desde o exterior.

          • Na actualidade o aceso non se realiza polo traxecto que consideramos orixinal senón bordeando un extremo de muralla. Cremos que o aceso era case frontal á entrada e que se achaba protexido por un segundo recinto fortificado ou antecastro. Este recinto ten unha extensión de 2000 m², mais a falta de limpeza vexetal e a súa ocupación arbórea impide unha correcta avaliación.

 

Traxecto de aceso

A.- Aceso actual redeando un cabo de segmento da muralla. B.- Aceso orixinal, frontal, hoxe ocupado por un predio reforestado.

 

  • No sector sul, xunto á muralla, tiñamos constancia dunha distorsión no terreno. Finalmente puidemos comprobar que se trataba dun gran fondal escavado na rocha encostado á muralla. As técnicas de execución son moi diferentes ás que se poden observar nas pequenas canteiras do arredor: non observamos restos de barrenas (a técnicas mais recente), nen tampouco cuñas (que ben non se utilizaron, ou ben desgastáronse no tempo). O emprazamento xunto à cubela, o seu gran tamaño e as técnicas construtivas fixéronnos considerar a hipótese dun alxibe. Esta hipótese veuse reafirmada por una análise de bacías hidrográficas segundo os dados topográficos. Así, no castro existen dúas grandes zonas de captación: a cubela que desauga pola entrada, e este fondal ou alxibe que acumula humidades pero non desauga. Son coñecidas estruturas de captación e armacenamento de auga a carón das murallas como San Cibrán de Lás.

distribuicion e captación de humidades

  • Non se observa a presenza de foxo escavado na rocha. Quizá a dureza do substrato rochoso (rochas ígneas) teña disuadido aos construtores desta zona, xa que constatamos tamén a ausencia de foxos nos castros da contorno, agás en aqueles con diferente substrato rocho (xistos).