O ALXIBE

A planimetría xerada por medio do LiDAR mostraba unha distorsión na muralla que configura a cubela no sector sul. Inicialmente pensamos que se podería tratar dunha proeminencia rochosa que ficara incorporada á muralla. O espeso mato groso impedía calquer tipo de verificación en campo previa á limpeza vexetal.

A limpeza vexetal puxo de manifesto que se trataba dun fondal, non dunha proeminencia, de carácter artificial. As técnicas de execución –corte da pedra- son distintas às que se poden observar nas canteiras próximas. Utilizando o modelo dixital do terreno fixemos unha análise hidrográfica segundo a cal esta estrutura recolle e armacena humidades polo cal a consideramos un alxibe ou cisterna. Optamos por conservar as distintas especies arbóreas que xermolaron do seu interior aproveitando a recolla de humidades.

Remonde_Alxibe-1

Aqui podedes ver de forma resumida o proceso de análise: