(I) TRABALLOS DE CLAREAMENTO VEXETAL, obxectivos e hipóteses

IMG_2366

O problema inicial do castro era a súa invisiblidade ao estar cuberto por un denso mato groso que, ademais, impedía a circulación polo seu interior e arredores.

Unha das finalidades da limpeza vexetal foi determinar a configuración do castro xa que a espesa matogueira impedía unha correcta aproximación. Incluso as fotografía aérea, que habitualmente é unha ferramenta moi útil, resultaba insuficiente e por veces enganosa:

  • Na evidencia nº 1 parece corresponderse co castro… mais é un falso amigo.
  • A cubela ou croa está emprazada onde marca o nº 2. Este recinto é pouco destacado nestas fotos.

Remonde_foto aérea actual

Remonde_Ft aerea e curvadoO que non podía ser visto na fotografía aérea foi coñecido por meio da cartografía LiDAR, que permitiu elaborar un plano con curvas de nievel xeradas  sobre pontos reais tomados cada 5 m. Así mostrouse a posíbel configuración do castro, a cal quexemos verificar e matizar coa limpeza vexetal.

Esta foi a nosa hipótese inicial.

O curvado xerado pola superficie LiDAR, superposto á fotografía aérea pon de manifesto dados relevantes:

  • O recinto nº 1 non forma parte do castro, simplesmente é un predio de forma elíptica no que non se observan indicios de murallas.
  • O recinto nº 2 correspóndese coa chamada cubela ou croa do castro.

A superposición da fotografía aérea de 1956 sobre a superficie dixital permite observar a presenza da cubela e quizá algún outro elemento mais. Foi preciso xerar unha vista isométrica en 3D para pór de manifesto os carácteres construídos deste lugar. A documentación fornecida pola Xunta de Galicia no CDIX ten a virtude poder ser xeorreferenciada, mais non ten resolución abondo para realizar unha análise mais fina, de tal maneira que a imaxe é moi escura e aporta, só inicialmente, pouca información relevante.

Tendo en conta a bondade da información topográfica do LiDAR, fundada en dados obxetivos do terreno, o modelo dixital vainos permitiunos formular varias hipóteses sobre a configuración do castro. O castro quizá poidera estar estruturado da seguinte maneira:

1. Un recinto central  (coñecido como cubela) delimitado por unha gran muralla. No sector norte a cubela apresenta unha gran abertura, a única que coñecemos. Puidera tratarse da entrada.

2. Frente a entrada ábrese un outro recinto delimitado por murallas, un posíbel antecastro. Resulta un tanto confuso polas posíbeis murallas estar moi atenuadas, e pola disposición dos predios e cultivos forestais. Porén neste ámbito non tiñamos os permisos dos proprietarios para acometer a limpeza vexetal e completar as medicións de detalle

3. Por último na parte sul, na zona traseira poideran existir un par de aterrazamentos que precisaban confirmación visual.

Curvado_Cadastro_Partes do castro._rd

Posíbeis zonas do castro. Cadastro sobre as curvas de nivel xeradas co LiDAR.

Remonde_Isometrico_Ft 1956

Fotografía aérea de 1956 sobre a superficie dixital do terreno xerada co LiDAR.

 

Publicado en ACTUACIÓNS y etiquetado .

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *